https://www.imosver.com/en/libros-texto/historia-do-mundo-contemporaneo-1obachillerato-NOB0091445NOB0091445HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO 1ºBACHILLERATO46.55Baía Edicións presenta unha proposta para traballar a materia de Historia do mundo contemporáneo acorde coas indicacións LOMLOE, que se concreta en: Un caderno-libro de Proxectos significativos para ahttps://static.imosver.com/imagenes_small/9788499/978849995401.jpgLibros textoEn stockBAIA000https://static.imosver.com/imagenes_small/9788499/978849995401.jpg4952.452022/09/019788499954011ALFEIRAN RODRIGUEZ, XOSE / ROMERO MASIA, ANALibros Textoaño_2022idioma_GalicianGautor_ALFEIRAN RODRIGUEZ, XOSE / ROMERO MASIA, ANAsaga_1º BACHILLERATO
Artículo
HISTORIA DO MUNDO CONTEMP
ALFEIRAN RODRIGUEZ XOSE /
BAIA
Cookie Notice
We use cookies to ensure you get the best experience on our website.
Read cookie policy.
Manage cookie preferences
This type of cookie allows the user to browse a website, platform, or application and to use the different options or services that exist on it.
imosverlaravel_session
Description
This cookie is necessary for the website to function and cannot be disabled in our systems.
Duration
Session
Dependencies
Domain
imosver.com
OCT8NE
Description
This cookie is used for the proper functioning of the Oct8ne Chat to provide customer support service to the user.
These are those that enable the tracking and analysis of user behavior on our website. The information collected is used to measure user activity on the website and to create user browsing profiles.
_clsk
Description
It records statistical data about the visitor's behavior on the website. This is used for internal analysis by the website operator.
Duration
1 year
Dependencies
_clsk,MUID,_clck
Domain
logglytrackingsession
Description
Identifies and records the user session for analytical purposes.
Duration
Session
Dependencies
Domain
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Description
Records a unique identifier that is used to generate statistical data about how the visitor uses the website.
Duration
1 year
Dependencies
Domain
.imosver.com
These are the ones that allow us to adapt the navigation on our website to your preferences (e.g., language, browser used, etc.).
_fbp
Description
Used by Facebook to offer a series of advertising products, such as real-time bids from third-party advertisers.
Synopsis HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO 1ºBACHILLERATO
Baía Edicións presenta unha proposta para traballar a materia de Historia do mundo contemporáneo acorde coas indicacións LOMLOE, que se concreta en: Un caderno-libro de Proxectos significativos para a construción da Historia do Mundo Contemporáneo de longa duración, que irá acompañado de xeito indivisible doutro, Historia do Mundo Contemporáneo, de presentación da información seguindo o modelo clásico co que toda a comunidade educativa está familiarizada, que lle facilitará ao alumnado extraer datos que documenten a proposta do Proxecto. Esta nova proposta fundaméntase, nas súas liñas básica, na metodoloxía da aprendizaxe por proxectos, enfocándose nos conceptos centrais e principios fundamentais das disciplinas histórica, tentando aproximarse o máis posible á realidade histórica na que se move o alumnado e destacnado a importancia do seu traballo. Consta de 9 temas, recollendo en cada un deles unha das competencias específicas do currículo da HMC, consideradas así mesmo como vectores organizadores. Contaremos co libro para pizarra dixital neste curso, ademais de recursos variados nesta Aula Virtual e, destacamos pola súa utilidade, a incorporación dunha nova proposta de programación en función dos estándares de aprendizaxe. O libro agrupa a información en tres grandes bloques cronolóxicos: 1750-1914, 1914-45 e 1945-2008. En canto ao tratamento dos contidos, predomina o tratamento global e diacrónico no exame das grandes transformacións económicas e políticas do século XIX que conforman o mundo contemporáneo -revolución industrial, revolución política liberal, burguesía e proletariado, imperialismo- así como no estudo dos cambios e continuidades que afectan ao mundo actual -Guerra Fría, capitalismo e socialismo real, descolonización e Terceiro Mundo-; mentres que para o estudo das graves crises e conflitos do mundo de entregueras Gran Guerra, Revolución rusa, Crac do 29, Fascismos, Segunda Guerra Mundial- predomina un tratamento máis pormenorizado e temático. Os autores parten da idea de que o alumnado debe manexar e comentar un bo número de materiais documentais da época (textos, gráficas, estatísticas, mapas, fotografías, obras de arte...). Por iso en cada unha das unidades temáticas están recollidos numerosos documentos que forman parte da información, é dicir, non son meros complementos dun discurso de autor, senón que son eles os que realmente proporcionan a información histórica; o traballo dos autores céntrase na organización e recollida desa información redactando un fío condutor que facilita ao alumnado a correcta comprensión da documentación orixinal. Na selección desta documentación os autores incorporaron fundamentalmente fontes primarias accesíbeis e comprensíbeis para o nivel de ensino a que está destinado o manual. Os documentos escritos preséntanse convenientemente reducidos ás súas mensaxes básicas, destacando aqueles aspectos que máis interesaban para o tema a tratar. Na referencia bibliográfica dos textos consígnase sempre o autor, o título e a data da primeira redacción ou publicación sen especificar (por consideralo de escasa ou nula relevancia) a edición concreta que foi manexada. Ao comezo de cada unidade figuran enderezos da Internet e títulos de filmes que poden ser utilizados para completar a información do libro de texto. O manual achega tamén un anexo final de técnicas de traballo pensadas par facilitar ao alumnado o traballo cos materiais documentais de carácter textual, gráfico e audiovisual.