A Coruña, pasado e presente
Castro Roig, Xosé
Galician

Synopsis A Coruña, pasado e presente

Carmen Martínez Torrón e mais Xosé Castro Roig son dous coruñeses deses «de toda a vida». Con este proxecto repasan ?mediante fotos antigas extraídas de álbums familiares propios e alleos? o pasado da nosa cidade, a súa evolución e os seus cambios, que discorren paralelos á vida dos retratados.
A Coruña foi e é unha cidade de emigración e de inmigración, berce de grandes políticos, de intelectuais e de literatos. O seu mesmo trazado urbanístico responde a unha longa historia de asedios, de comercio ultramarino, de pescadores e comerciantes, de ensanche e expansión por terra e por mar, de lecer e recreo.
Como bos coruñeses que son, Carmen e Xosé aman e critican a súa cidade a partes iguais, porque a queren. Pero, como calquera outro coruñés, cando alguén de fóra quere facerlles de menos, únense e sacan esa María Pita que todos levamos dentro. Non en balde, somos os tataranetos dos que resistiron o desapiadado ataque do corsario Drake.
Este libro é, en fin, unha cariñosa homenaxe aos coruñeses e á nosa novelesca Marineda.
EAN
9788412167887
Year of edition
2020
pages
160
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
SIN COLECCION
High
165
Width
240
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters