A CRUELDADE DE ABRIL
Ameixeiras, Diego
Galician
Galician
Galician

Synopsis A CRUELDADE DE ABRIL

Un incendio nunha casa abandonada. Dous cadáveres. Un home e unha muller sen teito que se refuxiaban na vivenda. Pero a conmoción dura o mesmo ca portada dun xornal. O suceso, un de tantos titulares, cae axiña no esquecemento. Ninguén se concentrará nunha praza pola parella. Ninguén se indignará nun programa de televisión. Ninguén apelará ás nosas conciencias nas redes sociais. Eses mortos, simple estatística, descansarán baixo a alfombra da nosa mesquindade.
Unha novela escura e opresiva, escrita cun desacougante lirismo, sobre a miseria moral que habita en nós. Un rexistro turbador da violencia contemporánea, na súa representación máis sórdida e brutal, sen fuxir dos ángulos en sombra dunha realidade desalentadora. Unha inspección precisa da ignominia en curso dos nosos días, relatada sen apartar os ollos do horror. Un relato atravesado por unha estraña e clarividente poesía da crueldade. Os protagonistas coñecen o abismo. Non hai aquí espazo para a esperanza. Só para unha historia salvaxe.
EAN
9788491213383
Publisher
Year of edition
2018
pages
136
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection no.
424
Collection
NARRATIVA
High
220
Width
150
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters