A cuestión política na persoa e no pensamento de Martin Heidegger

A cuestión política na persoa e no pensamento de Martin Heidegger

Vázquez Méndez, Xesús
Galician

Synopsis A cuestión política na persoa e no pensamento de Martin Heidegger

Se un escoita a testemuña de moitos dos estudosos que tiveron algún contacto con Heidegger, que presenciaron as súas leccións universitarias ou asistiron ás súas conferencias ou seminarios, é fácil quedarse coa impresión de que estiveron en presenza dun auténtico oráculo filosófico. Mais, o brillante futuro que parecía abrírselle a esta filosofía, rapidamente se escureceu ao caer sobre ela a sombra do nazismo. Pero é sobre todo despois da publicación dos Cadernos negros que, como sinala o seu editor Peter Trawny, o nome de Heidegger vai inevitablemente unido a un caso de disputa para todo o que queira adentrarse no seu pensamento. Parece, entón, que unha visión integral da súa filosofía non pode eludir esta cuestión, por moito que exista un inxente número de intérpretes que consideran o nexo pensamento-política en Heidegger infundado ou baseado en malentendidos. Neste ensaio abórdase esta polémica co obxectivo de proporcionarlle unha resposta ou, cando menos, aportar sobre ela unha perspectiva filosófica que afecta ao corazón mesmo do pensamento heideggeriano. Basicamente, despois dunha breve referencia a certos feitos históricos, o traballo divídese en tres partes: coméntanse algúns textos heideggerianos ineludibles de contido político, preséntase o debate filosófico sobre o asunto Heidegger desde a selección duns poucos autores significativos e, por último, o autor ofrece unha visión da conexión entre filosofía e política en Heidegger que explicaría o seu compromiso ideolóxico co nacionalsocialismo.
EAN
9788484875802
Year of edition
2022
pages
256
Binding
Tapa blanda o Bolsillo
Idiom
Galician
nº colección
414
Collection
Ensaio
High
210
Width
140
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres