A esmorga
Blanco Amor, Eduardo
Galician

Synopsis A esmorga

A fuxida do Bocas pola Auria máis marxinal na novela que cambiou a narrativa galega. A esmorga é a obra máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de Auria, a cidade literaria coa que Blanco Amor reelaborou desde a distancia o seu Ourense natal. A esmorga é unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor. A súa sorprendente potencia lingüística ponse neste relato ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que metaforizan un mundo sórdido e miserento do que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo dunha vida fermosa e mellor. Texto íntegro, incorpora as pasaxes eliminadas pola censura na edición de 1970.
EAN
9788498653212
Publisher
Year of edition
2010
pages
120
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
LITERARIA
High
210
Width
135
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters