A flor da auga
Miranda, Xosé;Reigosa, Antonio
Galician

Synopsis A flor da auga

Este libro, segundo da colección "Lendas de Galicia", preparada por Xosé Miranda e Antonio Reigosa, recolle cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga, proveña esta de fontes, dos ríos, do mar ou do ceo, xunto cos seres da mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais. A flor da auga é a que se colle ao raiar o sol sobre a tona da auga das fontes ou do mar no amencer do día de San Xoán, representando o renacer cíclico anual, a volta ao comezo coma se o vello, o pasado, quedase borrado e tivésemos a oportunidade de volver a comezar. A auga na nosa literatura popular ten consideración de ser vivo: nace, come, dorme, anda e ata morre. Dá e quita a vida, cura, limpa, fertiliza, purifica, mais tamén afoga, cobre vid de homes e animais, e ata pode asolagar vilas e cidades enteiras que se chaman Alcaparra, estabañón, Vilachá, Roma, Veiga do Realà, e moitas outras. Auga prodixiosa, pois, que tanto fai pola beleza, polo amor e pola vida, e que forma parte das crenzas herdadas dos nosos devanceiros. A recuperación de todos estes mitos e crenzas galegas arredor da auga é o propósito deste volume.
EAN
9788497824286
Publisher
Year of edition
2006
pages
176
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
LENDAS DE GALICIA
High
220
Width
145
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters