A madriña
Araújo, Nones
Galician

Synopsis A madriña

Era o ano 57 do século pasado. A madriña, muller entrada en anos, obriga ao destino a poñer nas súas mans a vida dunha nena que, filla de pais emigrados, queda baixo a súa tutela, en total desamparo. A madriña, rexida polos mandamentos divinos e convencida de que o sufrimento e o sacrificio son virtudes e non atrancos, educa a afillada nunha pedagoxía austera na que sempre un censor, un deus ou un xuíz avaliarían a diario os feitos da pequena. A escola, as cartas e as fotos que chegan polo océano son as únicas alegrías que ela lle permite nos anos da nenez compartida. Só o avó paterno é quen de demostrarlle cariño, pois a madriña, afastada da familia, interpreta o mundo como un val de bágoas, sen saber atopar ningún pracer na vida. Ao regreso dos pais de Venezuela, a vida familiar da nena e dos dous irmáns énchese de gozo pero tamén de desacougos. Só as festas en agosto na aldea mudan o mundo: o bo sempre abonda e o malo semella escaso. Pasados uns anos, é na cidade de acollida onde comeza o futuro da pequena xa adolescente. Aí vive descubertas marabillosas e outras desacougantes que a empurran a medrar á présa. Estaba escrito nas estrelas ou só no corazón que o azar fixese ben o seu traballo: foi o amor o que, agochado tanto tempo, lle recuperou a nenez, sen rancor.
EAN
9788419754141
Year of edition
2023
pages
120
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
SIN COLECCION
High
240
Width
165
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters