A memoria de Cambados
Díaz Martínez, Carlos/Fernández Rei, Francisco
Galician

Synopsis A memoria de Cambados

Carlos Diáz Martínez recolleu no presente volume oitenta documentos, a maior parte deles tarxetas postais publicadas entre 1900 e 1930, que permiten a recuperación da memoria gráfica do concello de Cambados. Testemuños de grande calidade na fotografía e na impresión que facilitan un percorrido polo variado patrimonio histórico e monumental desta vila mariñeira, dende o magnífico pazo barroco de Fefiñáns e a praza do Mercado, o entorno da praza da igrexa de Santa Mariña de Ozo, a praza do Concello, o paseo da Calzada, o pazo de Montesacro, o peirao de San Tomé, ata os labores mariñeiros nos peiraos. Percorrido visual que se completa coa reprodución de imaxes do entorno vilego, como o mosteiro de Meis, os muíños de Tragove, a Ponte Arnelas ou diversas paisaxes sobre a ría. O volume iníciase co ensaio, "A memoria daquel Cambados mariñeiro, fidalgo e soñador", escrito polo académico Francisco Fernández Rei. Testemuño que reconstrúe a historia desta fermosa vila deitada ao sol, inzada de referencias literarias a Fermín Bouza Brey ou Ramón Cabanillas, entre outros. Velaí un percorrido exhaustivo, enchido de memoria familiar e erudita polo Cambados fidalgo e eclesiástico, polo Cambados ostreiro, polo Cambados mariñeiro, polo Cambados culto e soñador, polo Cambados da "primavera do 36" e polo posterior da "tráxica falta de luz". O volume complétase coa catalogación das pezas documentais e coa reprodución dos poemas "Diante do mar de Cambados" de Fermín Bouza Brey e "A Calzada de Cambados" de Ramón Cabanillas.
EAN
9788497823265
Publisher
Edition year
2005
Pages
96
Language
Galician
Collection
ALBUM DE POSTAIS
Height
300
Width
200
Reviews from other readers
Write your review
0 Reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters