A memoria de Tui
Díaz Martínez, Carlos;Cameselle, Roque
Galician

Synopsis A memoria de Tui

Memoria de Tui, un libro que recolle a memoria gráfica da cidade fronteiriza no primeiro tercio do século XX.Volume preparado por Carlos Díaz Martínez, reproduce e cataloga oitenta e catro pezas gráficas, a maior parte delas tarxetas postais circuladas, e editadas, tamén na súa maioría, pola iniciativa de fotógrafos e establecementos tudenses como Bazar Hermida, Salvador Fernández (Las Colonias), F. Baquero (de Casa Figuerola) e J. Gándara; ademais doutras achegas tiradas do Portfolio Galicia, editado en 1904, que inclúe fotos do coruñés Pedro Ferrer e dos fotógrafos Páramo e Bugarín. Outros fotógrafos que participan neste legado de memoria son os clásicos Roisin e Ksado.Atopamos, tamén, os primeiros documentos gráficos editados de Tui, datados a mediados do século XIX, ilustracións de libros e da prensa "ilustrada" realizados mediante técnicas de augafortes ou de gravados en estereotipia. Este é o caso do gravado de Joseph Skelton, unha fermosa paisaxe do Miño entre Tui e Valença, publicada nun libro inglés en 1840, ou da vista da Catedral, ou da Ponte Internacional, publicadas pola Ilustración Gallega y Asturiana en 1879 e 1880, respectivamente, evocadoras daquel Tui que fora unha das capitais do antigo Reino de Galicia e sé episcopal ata arestora.Iniciamos o percorrido coa imaxe de "O gaiteiro de Guillarei" (1903) e das vistas panorámicas da vila, da Ponte Internacional e do Miño. Continuamos cos gravados e fotografías da Catedral e dos seus tesouros; coas instantáneas da vida cidadá na Corredoira, no paseo de Elduayen, na Glorieta e na Alameda, na Praza da Inmaculada; nos arrabalde de San Domingos e da Canicouba. O volume complétase, nas súas páxinas finais, con postais do río Louro, e dos muíños e do traballo aldeán de Caldelas de Tui.O material gráfico de A memoria de Tui vai precedido por unha evocación literaria da vila, preparada por Roque Cameselle. Un texto rico e moi documentado que constitúe unha viaxe paralela pola memoria da cidade.
EAN
9788483029114
Editorial
Year of edition
2002
Idiom
Galician
Collection
ALBUM DE POSTAIS
High
300
Width
200
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres