A morriña das balas
Díaz Díaz, Xosé
Galician

Synopsis A morriña das balas

John Ribera, logo de atravesar o deserto fuxindo dunha gavela de ladróns comandada por Samuel Flanagan, chega de Ridgecrest moribundo e cunha bala chantada nas costelas. John, que formara parte desta banda de delincuentes, decidira delatalos para cobrar a recompensa que ofrecían pola captura. Pero Ridgecrest non é un lugar seguro para el: o shériff infórmao de que Flanagan o ten localizado, polo que lisca da vila na primeira dilixencia cara a San Diego. Durante esta viaxe coñece a Susan, a rapaza da cal se namora e con quen vai compartir moitas das aventuras ás que se terán que enfrontar: o ataque de Flanagan e os seus homes, a queima do Forte Lancaster por parte dos indios paiutes, un duelo a morteà A morriña das balas de Xosé Díaz é a primeira novela de vaqueiros que se publica na colección Fóra de Xogo. Escrita nunha prosa coidadísima e con grande alento de estilo, respecta as convencións deste xénero de literatura popular, descubríndonos a un narrador de indubidable talento.
EAN
9788497825108
Publisher
Edition year
2006
Pages
112
Language
Galician
Collection
FORA DE XOGO
Height
210
Width
130
Reviews from other readers
Write your review
0 Reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters