A neve interminable
Fernández Paz, Agustín
Galician
Galician
Galician

Synopsis A neve interminable

Un equipo de guionistas -tres mulleres e dous homes- recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. E inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas.
A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.
EAN
9788499148380
Publisher
Year of edition
2015
pages
192
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection no.
159
Collection
FÓRA DE XOGO
High
210
Width
130
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters