A república dos soños
Piñon, Nélida
Galician

Synopsis A república dos soños

Os lectores teñen nas mans non só un dos títulos máis sobranceiros de Nélida Piñon, tamén un dos fitos da narrativa brasileira contemporánea: A república dos soños, publicada por primeira vez no ano 1984, obtivo o Premio Associaçao de Críticos de Arte de Sao Paulo e o Premio Pen Clube ao mellor libro de ficción. A novela conta a historia de dous rapaces que embarcan en Vigo rumbo ao Brasil. E o ano 1913, o éxodo de emigrantes galegos acabaría por ser unha sangría de máis de millón e medio de persoas que atravesan o Atlántico á procura da súa "república dos soños". Novela intensa e audaz, concibida coa forza tumultuosa desa enorme epopea que foi a emigración a América, Nélida Piñon escribe esta historia dunha maneira engaiolante. Todo un legado de resistencia e vontade por sobrevivir é trasmitido a través dos dous protagonistas, o tiunfador Madruga e o soñador Venancio. Dous xeitos de reflectir as glorias e frustracións dunha experiencia inesquecible e sempre presente na memoria de todos os galegos.
EAN
9788482887678
Publisher
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
LITERARIA
High
210
Width
135
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters