• Libros
  • A saudade e outros poemas. O desacougo
A saudade e outros poemas. O desacougo
Vázquez, Pura
Galician

Synopsis A saudade e outros poemas. O desacougo

Pura Vázquez (1918) é unha senlleira representante da primeira xeración de escritoras da posguerra. Desde íntimas (1952), a súa primeira obra lírica en galego, salientou como unha das voces poéticas máis cargadas de emoción e riqueza. Autora prolífica, escribe teatro para nenos, novela e unha extensa obra poética. Na primeira etapa da súa producción lírica, que vai dende 1952 a 1975, sobresaen obras como Maturidade (1955), A Saudade e outros poemas (1963), O desacougo (1971) e Ouriolos neneiros (1974). Nestas obras fórxanse os trazos fundamentais, tanto temáticos como estilísticos, do seu quefacer poético. A Saudade e outros poemas e O desacougo son altamente representativas da súa poesía: intimismo ensarillado en imaxes da natureza, unha elevada sentimentalidade en que a solidariedade da emigración se enlea na señardade do mundo rural; unha lírica emotiva que arroupa unha esencial reflexión sobre o tempo e unha sentida saudade que emboca en desacougo existencial.
EAN
9788483021651
Editorial
Idiom
Galician
Collection
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
High
300
Width
200
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres