Ánxel Fole. 101 anécdotas
Vega, Ángel de la
Galician
Galician

Synopsis Ánxel Fole. 101 anécdotas

Este libro do xornalista lucense Angel de la Vega recolle cento e unha anécdotas tiradas da súa longa amizade con Anxel Fole. Anécdotas, en moitos casos, contadas por Fole, outras vividas a súa beira e un bo feixe referidas por amigos e compañeiros do xornal "El Progreso" ou de "Hoja del Lunes de Lugo", onde eles traballaban. Anécdotas que desvelan a personalidade do escritor e unha gracia de seu, deixando un ronsel de agudo enxeño, moi característico deste mestre do humorismo e da fábula de quen conmemoramos o centenario do seu nacemento. Anécdotas de Fole que se refiren a súa infancia, a súa mocidade, ás tirapuxas que sucedían cos seus compañeiros, ás súas viaxes en automóbil cos amigos, ás comidas que lle servían para contar e fabular, ao seu xeito de escribir, ás lembranzas de triunfadores e vencidosà Con todo, máis que a personalidade, máis que a súa vida, máis que a biografía, estas cento e unha anécdotas descubren a verdadeira alma do escritor: O Fole fabulador, o Fole humano. Neste libro está a outra vida foleana.
EAN
9788497820370
Publisher
Edition year
2003
Pages
136
Binding
Soft cover or pocket
Language
Galician
Collection
CRONICA
Height
220
Width
145
Reviews from other readers
Write your review
0 Reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters