https://www.imosver.com/en/libros/as-cidades-mergulladas-31004300463100430046As cidades mergulladas24.42Este volume recolle e reoordena a produción poética de Xosé Miranda nos case últimos vinte anos. Prologado por Darío Xohán Cabana, reune os nove libros de poemas escritos polo autor dende 1973 ata a ahttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788497/978849782064.jpgLibrosLibros/POESIASin stock temporalmenteXERAIS000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788497/978849782064.jpg10799803178059980040B830050065003042015025.751.282003/11/079788497820646Miranda, XoséLibrosaño_2003idioma_GalicianGformato_Tapa blanda o Bolsilloautor_Miranda, Xosésaga_CRONICA
Artículo
As cidades mergulladas
Miranda Xosé
XERAIS
POESIA
Cookie Notice
We use cookies to ensure you get the best experience on our website.
Read cookie policy.
Gestionar preferencias de cookies
This type of cookie allows the user to browse a website, platform, or application and to use the different options or services that exist on it.
imosverlaravel_session
Description
This cookie is necessary for the website to function and cannot be disabled in our systems.
Duration
Sesión
Dependencies
Domain
imosver.com
OCT8NE
Description
This cookie is used for the proper functioning of the Oct8ne Chat to provide customer support service to the user.
These are those that enable the tracking and analysis of user behavior on our website. The information collected is used to measure user activity on the website and to create user browsing profiles.
_clsk
Description
It records statistical data about the visitor's behavior on the website. This is used for internal analysis by the website operator.
Duration
1 year
Dependencies
_clsk,MUID,_clck
Domain
logglytrackingsession
Description
Identifies and records the user session for analytical purposes.
Duration
Sesión
Dependencies
Domain
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Description
Records a unique identifier that is used to generate statistical data about how the visitor uses the website.
Duration
1 year
Dependencies
Domain
.imosver.com
These are the ones that allow us to adapt the navigation on our website to your preferences (e.g., language, browser used, etc.).
_fbp
Description
Used by Facebook to offer a series of advertising products, such as real-time bids from third-party advertisers.
Este volume recolle e reoordena a produción poética de Xosé Miranda nos case últimos vinte anos. Prologado por Darío Xohán Cabana, reune os nove libros de poemas escritos polo autor dende 1973 ata a actualidade: «Lenta luz dos lousados» (1973-1982); «Amantes e viaxeiros» (1984), premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; «Carozo azul» (1985), accésit do premio González Garcés 1996; «Vésperas de min mesmo» (1986); «Sonetosfera» (1993), accésit do premio Esquío 1995; «Se parte a miña alma» (1994); «Permiso para o corso» (1995), premio Esquío 1996; «Escondida senda» (1997); «Inverno e outras ausencias» (1998-2002). Para Darío Xohán Cabana «o presente é un libro necesario, un libro composto de libros, ou por mellor dicir, dos capítulos que foi escribindo despaciosamente un poeta case clandestino, un poeta certamente estraño -por ser estraño, ata non é profesor de Literatura, senón de Bioloxía, cousa que ben se nota en moitos dos seus versos-. Un poeta que de repente emerxe á consideración xeral cunha obra non só estensa, senón especialmente intensa, cunha sensibilidade dolorosa e pouco amable. Un poeta co que loitamos a brazo partido, e que pode mancarnos, que o máis probable é que nos manque.» Un volume esencial que recolle aos dous Mirandas poéticos. Aquel primeiro, que iría desde 1973 a 1986, de «Lenta luz nos lousados» a «Vésperas de min mesmo», o Miranda que ama especialmente o verso libre, "música composta sobre os pés esenciais dos máis antigos ritmos", cuxa forma máis simple e consagrada é o alexandrino branco. O outro Miranda sería o que vai de «Sonetosfera», escrito en 1993, despois de varios anos de abstinencia do verso, ata os poemas últimos de «Inverno e outras ausencias». Aquí o poeta abrázase ao soneto, pezas de tensión formal rabiosa, de escollida e asumida dificultade, construídas de acordo cos máis estritos esquemas clásicos e modernos e con rimas francamente difíciles. Toda a obra, pois, un dos nosos grandes poetas.