As superviventes
Caride, Ramón
Galician

Synopsis As superviventes

Tres mulleres coinciden na sala de espera de Urxencias do CHUS de Compostela unha madrugada calquera. Este imprevisto azar vai ter consecuencias impensadas en cada unha delas. Son veteranas de moitas guerras psíquicas, e levan sufrido agresións físicas, sociais e farmacolóxicas. Con todo, non se consideran vítimas, cousas pasivas que se deixan facer e desfacer, e pelexan acotío para chegaren a ser quen queren. Son superviventes. Neste tempo de crise enquistada -unha era marcada polas ditaduras produtivas, consumistas, tóxico-pornográficas e tamén pola das redes sociais-, a demolición dos prototipos de xénero e a construción da propia identidade sexual e afectiva son cavorcos que poucos se atreven a ollar até o seu fondo. Mais a vida é un exercicio de funambulismo, mesmo que non nos decatemos. Andamos sempre en precario equilibrio riba dun cabo moi estreito, ao bordo da caída libre no baleiro. E cando miras moito tempo ao abismo, o abismo tamén mira dentro de ti. Chamádeme Xanax!
EAN
9788411106221
Publisher
Edition year
2025
Pages
120
Binding
Soft cover or pocket
Language
Galician
Collection
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Height
230
Width
155
Reviews from other readers
Write your review
0 Reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters