As terceiras mulleres
Rábade Villar, María do Cebreiro
Galician

Synopsis As terceiras mulleres

Feminino e plural, As terceiras mulleres son figuras da multiplicidade que poden propiciar un achegamento á lenta e complexa intervención histórica das mulleres como "suxeitos". Este ensaio de ensaios intenta trazar un percorrido libre por distintas obras da tradición occidental, mostrando o diálogo entre a literatura, a música e as artes visuais de moi distintos tempos e lugares. En As terceiras mulleres, a autora amosa como as fillas de Anio, cantadas por Ovidio nas Metamorfoses, supoñen a emerxencia dunha posibilidade alternativa de concibir a relación entre os xéneros, tomada esta palabra no seu dobre sentido de "xénero sexual" e "xénero literario". A misteriosa raíña de Mallorca, o poema "Dona Flamenca" de Alvaro Cunqueiro e a canción de temática amorosa composta e interpretada por mulleres cubanas son outros dos temas sobre os que María do Cebreiro refléxiona e, a carón deles, sobrancean un orixinal achegamento ao pensamento literario de Virxinia Woolf ou a análise da fuxida dos discursos filosóficos e artísticos sobre o amor na sociedade contemporánea.
EAN
9788482887715
Publisher
Year of edition
2005
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
ENSAIO
High
210
Width
140
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters