Balea morta ou lancha a pique
Jaureguizar
Galician

Synopsis Balea morta ou lancha a pique

Exposito Vindeira, o capitán Thunderskin, o fareiro ribadense protagonista de A rutina corsaria, a exitosa novela de piratas que Jaureguizar publicou dentro de "Xerais Fóra de Xogo", viaxa, acompañado pola súa tripulación, ata a illa de Nantucket nos Estados Unidos co obxectivo de visitar o Pequod, o barco co que Ahab dera caza á Moby Dick nos mares do Sur, que viña de ser rehabilitado. Alí Thunderskin, o bravo pirata alcumado Pel de Trono, e os seus dous amigos corsarios, o mestre Henrique Ferreiro e Joao, o mariñeiro portugués, tomarán por asalto aquel casco envellecido por milleiros de singraduras para, seguindo as grandes vetas oceánicas, procurar a nova grande balea branca, a arrepiante Dolly Dick.Jaureguizar ofrécenos en ¡Balea morta ou lancha a pique!, a segunda entrega de "As aventuras do capitán Thunderskin", a primeira serie de novelas de piratas da literatura galega. Aventuras trepidantes, fantasía desbordada, humor a mans cheas, xogo con anacronismos deliberados (videoxogos, baleas clónicas...) e o teón de fondo constante da xenial Moby Dick de H. Melville constitúen algúns dos ingredientes cos que está construída esta novela fascinante.
EAN
9788483028582
Editorial
Year of edition
2002
pages
128
Idiom
Galician
Collection
FORA DE XOGO
High
300
Width
200
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres