Birimbao
Ferreiro, Celso Emilio
Galician
Galician

Synopsis Birimbao

A aparición de " Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939) " supón un verdadeiro acontecemento literario. Esta obra de Celso Emilio Ferreiro desvélanos como é a poesía que o autor de Celanova ideou e escribiu ao longo da guerra civil e axúdanos a entender a xénese da súa expresión poética, que nunca abandonou.
Xavier Ferreiro Loredo, fillo de Celso Emilio, mergúllanos nos poemas para analizalos desde unha óptica persoal, organizándoos en tres partes «Poesía de parapeto», «Birimbao: poemas de mí para ti» e «Memorias de mis caminos». O libro tamén incorpora documentos en prosa de Celso Emilio Ferreiro e sobre Celso Emilio Ferreiro, froito dun proceso de intensa pesquisa en arquivos e hemerotecas, e inclúe ademais diversos apéndices documentais e fotográficos.
Corenta anos despois do falecemento do autor de " Longa noite de pedra " , este libro confirma que esa luz da súa poesía, «o lume que alampea», leva inserida unha forza tan enorme que é capaz de transcender o tempo.
EAN
9788491216261
Editorial
Year of edition
2020
pages
216
Binding
Tapa blanda o Bolsillo
Idiom
Galician
Collection
EDICIÓN LITERARIA - XERAIS CLÁSICOS
High
220
Width
150
21,95 €
-5%
20,85 €
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres