CÁNDIDO E OS DEMAIS
Pintadera, Fran;Inaraja, Christian
Galician

Synopsis CÁNDIDO E OS DEMAIS

Todos somos diferentes. Con esta premisa preséntasenos
a Cándido, unha persoa peculiar cunha gran necesidade
de expresarse ante o mundo que o rodea, de ser comprendido
e aceptado. Poucas veces un texto tan aparentemente sinxelo propicia unha reflexión tan fonda e necesaria nunha sociedade complexa como a actual.
O protagonista da obra distinguida co XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado séntese estraño; comparte
cos lectores a súa ollada cara ao resto da xente, á vez que somos partícipes de como os outros percíbeno a el. Alleo á masa uniformizada e seguidista das tendencias cambiantes, Cándido
pode sentirse fóra de lugar pero intenta pasar desapercibido;
é un ser sensible á inseguridade e á soidade que se pode sentir sendo ignorado. E malia que o mundo se convertese nun lugar
hostil cara á natureza e ás persoas, o positivo de todo é que sempre hai un punto de encontro que une a Cándido e os demais.
Ou non todos eles. Pero esa xa é outra historia?
EAN
9788484644200
Publisher
Year of edition
2018
pages
48
Binding
Hard cover
Idiom
Galician
Collection
PREMIO COMPOSTELA
High
290
Width
170
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters