Día das Letras Galegas 2016
María, Manuel
Galician

Synopsis Día das Letras Galegas 2016

Este libro titulado Manuel María. Día das Letras Galegas 2016, como corresponde á marca da colección que a Universidade de Santiago de Compostela dedica cada ano á figura designada pola Real Academia Galega para a celebración das Letras Galegas, quere dar profundidade e a maior difusión á obra creativa de Manuel María (Outeiro de Rei, Lugo, 1929-A Coruña, 2004), a través da edición facsimilar de dous cadernos e nove debuxos que mostran o traballo artesán dos seus versos, manuscritos, mecanoscritos, encadernacións e debuxos. Con este obxectivo escolleuse, entre o material gardado no arquivo da Fundación Manuel María, na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei, tres conxuntos creativos que, citando segundo a orde da súa entidade literaria e non a cronolóxica, tal como aparecen nesta edición, son os seguintes: o caderno manuscrito autógrafo Poemas da luz resucitada, o caderno mecanoscrito Nenia por Aquilino Iglesia Alvariño e nove debuxos. Ditos orixinais son inéditos na súa forma concreta, no caso de Poemas da luz resucitada, inéditos en libro, no caso dos versos da Nenia por Aquilino Iglesia Alvariño, e absolutamente inéditos, no caso dos nove debuxos.
EAN
9788416533626
Year of edition
2016
pages
125
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
SIN COLECCION
High
240
Width
170
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters