Dicionario Xerais Castelán - Galego
Ares Vázquez, Carme;Carballeira Anllo, Xosé María;Hermida Gulías, Carme;Iglesias Sierra, Primitivo;Lema Suárez, Xosé María;López Fernández, Rosa
Galician

Synopsis Dicionario Xerais Castelán - Galego

Entradas: O dicionario parte de 50.000 entradas, ordenadas alfabeticamente, o cal constitúe un amplisimo repertorio do léxico castelán que mesmo poderiamos cualificar de exhaustivo. Caracterización gramatical: Cando a palabra castelá da entrada ten un único sgnificado, tras a caracterización gramatical figura a palabra ou palabras galegas equivalentes sen ningún tipo de definición. Non obstante, nos casos en que a correspondencia das formas galegas e as castelás pode resultar ambigua ou problemática inclúese tamén unha breve explicación entre parénteses. Sinónimos: Dentro de cada unha das acepcións correspondentes ás entradas castelás inclúese un bo número de equivalencias galegas. Fraxeoloxía: Debaixo de moitas das entradas figura un apartado de fraxeoloxía que recolle frases feitas, modismos e diversas construccións do castelán coas súas correspondentes equivalencias en galego. Observacións: Algunhas das entradas complétanse cun apartado de observacións onde se aclaran algunhas particularidades do significado ou dos usos das formas galegas que se dan como equivalencias. Normativa: Actualización ortográfica de acordo coa última revisión normativa da RAG do 2003.
EAN
9788497826525
Publisher
Edition year
2007
Pages
912
Language
Galician
Collection
DICCIONARIOS
Height
300
Width
200
32,65 €
-5%
31,02 €
Reviews from other readers
Write your review
0 Reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters