Doce voz de Megafonía
Constela, Xesús
Galician

Synopsis Doce voz de Megafonía

Logo de que o Supremo Alcalde Maior decrete o confinamento dos habitantes do Centro Comercial no interior das súas vivendas por mor da aparición dun maléfico virus sobre o que non se dá nin a máis mínima explicación, só unha persoa, un tal D.R., descendente dunha familia que leva varias xeracións instalada no lugar, empeza a sospeitar acerca de cousas que non comprende, e comeza a facer unha serie de investigacións que provocan o seu enfrontamento co poder. Nada pode alterar o perfecto ritmo que leva a vida no interior do Centro Comercial, onde toda persoa parece ter dereito a vivir nun mundo de fantasía mentres a ninguén se lle ocorra saír do rego para empezar a transitar o que Megafonía considera un camiño equivocado. En «Doce voz de Megafonía» constrúese unha historia que retrata a capacidade da cidadanía para se deixar manipular por aqueles que teñen o poder e que farán todo o posíbel até conseguir que se dea creto aos enganos, embustes e mentiras que poidan utilizar para acadar as súas pretensións.
EAN
9788411106344
Editorial
Year of edition
2025
pages
144
Binding
Tapa blanda o Bolsillo
Idiom
Galician
Collection
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
High
230
Width
155
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres