Etceteramente
De Toro, Xelís
Galician
Galician

Synopsis Etceteramente

Páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polo trasmundo interior, rebeldes contra a especulación urbanística e revolucionarios á busca do escritor, cartas a un escritor morto, a directora dunha editorial a quen non lle dan as contas, un pauto co demo, unha seita literaria que se rexe polo libro «De catro a catro»... «Etceteramente» é un disparate absoluto: indescritible, indefinible, inexplicable, imperdoable... Unha homenaxe ao poder creativo da literatura. Estamos ante un cóctel literario de preguntas: quen escribe , quen le , para que , como , que «Etceteramente» é un artefacto inacabado que nunca terá un punto final porque continuará noutros libros escritos por outras escritoras e escritores e outras lectoras e lectores. Mais tamén encarna unha tristura e unha esperanza, a tristura dos solitarios que nos refuxiamos na literatura en busca dun acougo e a esperanza de que a literatura nos provexa dun fogar: un espazo de dúbida e contradición, de crítica, de reflexión, de rebeldía contra nada, de espellos rotos, unha ventá ao mundo... Un fogar de portas abertas.
EAN
9788411102278
Editorial
Year of edition
2022
pages
496
Binding
Tapa blanda o Bolsillo
Idiom
Galician
Collection
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
High
230
Width
155
25,50 €
-5%
24,23 €
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres