• Books
  • (g).constitucion dos lacedemonios:consitucion dos aten
(g).constitucion dos lacedemonios:consitucion dos aten
Xenofonte
Galician

Synopsis (g).constitucion dos lacedemonios:consitucion dos aten

O século v a.n.e. é unha época de grande intensidade tanto a nivel político como cultural. È neste tempo cando empeza a xurdir a reflexió n arredor do sistema político da democracia. As dúas obras que se presentan neste volume están compostas neste contexto histórico que constitúe a orixe no estudo do pensamento político grego. Os acontecementos históricos nos que se verán envoltas as distintas cidadesûestado serán decisivos na historia de Grecia e terán grandes repercusións na posterior cultura occidental. Xenofonte considera que a Guerra do Peloponeso e os distintos acontecementos da segunda metade do século v serán a orixe de todos os males dese tempo. Na Constitución dos Lacedemonios, Xenofonte representa os ideais oligárquicos de Esparta á vista das consecuencias da Guerra do Peloponeso. O modelo que el propón baséase nas reformas instituídas por Licurgo. Na Constitución dos Atenienses, o autor analiza desde un punto de vista moi crítico o réxime da democracia partindo das bases do poder do estado ateniense que se configura durante a Pentecontencia, período que abrangue desde a derrota dos persas na Segunda Guerra Médica no 480 a.n.e. até o inicio da Guerra do Peloponeso, no 433 a.n.e. Presenta este modelo de goberno como un réxime eficaz pero corrupto ao mesmo tempo. O obxectivo do autor é chegar ao concepto de eunomía ou goberno dos mellores.
EAN
9788417388539
Binding
Soft cover or pocket
Language
Galician
Collection
VETERA
Height
220
Width
145
Reviews from other readers
Write your review
0 Reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters