Guía fentos de Galicia
Niño Ricoi, Henrique
Galician

Synopsis Guía fentos de Galicia

A Guía dos fentos de Galicia recolle as 71 especies citadas en Galicia. Ilustrada a toda cor por Calros Silvar e cunha linguaxe accesible e rigorosa, pretende ser de utilidade non só para profesionais, senón tamén para persoas interesadas en coñecer o noso medio natural e, concretamente, os fentos que se poden atopar no deambular por Galicia adiante. O seu autor, Henrique Niño Ricoi, completa e actualiza a súa anterior publicación, Unidade didáctica dos Fieitos de Galicia, editada en 1995, e que representou un dos primeiros achegamentos á divulgación da flora e vexetación galegas ao gran público e un material de uso imprescindible no ensino. A importancia desta guía, ademais de ser a primeira que no noso país trata especificamente o mundo dos pteridófitos, queda tamén reflectida no considerable número de especies autóctonas analizadas, especialmente se consideramos o feito de que en toda a Península Ibérica existen cerca de 120 especies. Excluíronse de forma intencionada todas aquelas que se cultivan como plantas de adorno.
EAN
9788496893818
Publisher
Year of edition
2008
pages
184
Binding
No definido
Idiom
Galician
Collection
BAIA VERDE:GUIAS NATUREZA
High
200
Width
200
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters