Guía para xoves maniáticos
Macfarlane, Aidan;McPherson, Ann
Galician
Galician

Synopsis Guía para xoves maniáticos

Quedarei embarazada a primeira vez? Cal é o tamaño medio dun pene? Teño exceso de peso, que podo facer? Se probas un cigarrillo, xa te fas adicto? Como sabes se es gay? Canta cantidade de alcohol é razonable beber nunha festa? Este libro resposta a estas e moitas outras preguntas reais tiradas dos milleiros de e-mails recibidos na páxina web (teenagehealthfreak.org) que manteñen Aidan Macfarlane e Ann McPherson, autores tamén dos best sellers mundiais, traducidos ao galego e publicados dende hai trece anos por Xerais, "O novo diario dun xove maniático" e "Diario da outra maniática". Preguntas e respostas sobre dores de cabeza e de corazón, como medrar e non deprimirse, anorexia e bulimia, hormonas e queixas paternas, sexo e drogas, furados e intimidacións eà, todo o que os adolescentes precisan saber sobre o corpo, o sexo e a vida. Se queres pasar un rato divertido e aprender unha chea de cousas, non o dubides: este é o teu libro.
EAN
9788497821780
Publisher
Year of edition
2004
pages
216
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
FORA DE XOGO
High
210
Width
130
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters