Indo pra máis perto. A señardade no puño
Cribeiro, Xosé Alexandre
Galician
Galician

Synopsis Indo pra máis perto. A señardade no puño

Xosé Alexandre Cribeiro Rodríguez (Pontevedra, 1936-1995), desenvolveu unha actividade feraz no xornalismo audiovisual e sempre se sentiu abraiado polo cine. Ademais, foi un afervoado militante cultural que se iniciou no grupo Brais Pinto, e tamén político, na procura dunha díficil síntese entre o PCE e o nacionalismo galego de esquerdas. A súa obra poética encádrase na denominada Xeración das Festas Minervais. A presente edición da súa obra poética en galego, preparada por Miro Villar, recolle os libros "Indo pra máis perto" (1979), onde reedita o esgotado "Acoitelado na espera" (1960) e o premiado e inédito "Doente na espranza" (1962), xunto a novos textos; e o póstumo "A señardade no puño" (1996). Os primeiros poemas están percorridos e vertebrados pola influencia do existencialismo, para logo derivar a unha poética máis vitalista e comprometida coa transformación social, mentres que a súa obra testamentaria progresa cara a unha madureza no alento lírico.
EAN
9788497820998
Editorial
Year of edition
2004
pages
232
Binding
Tapa blanda o Bolsillo
Idiom
Galician
Collection
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
High
191
Width
130
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres