María Mariño. Vida e obra
Blanco, Carmen
Galician

Synopsis María Mariño. Vida e obra

María Mariño. Vida e Obra é un amplo e e revelador percorrido arredor da dimensión humana, biográfica, literaria e histórica da figura celebrada nas Letras Galegas 2007. Este libro da autoría de Carmen Blanco, a investigadora que máis sistematicamente estudou a obra de María Mariño, percorre a figura da escritora a través da análise das distintas versións, algunhas moi polémicas, que se deron dela, acometendo un fundamentado estudo sobre a súa poesía. Carmen Blanco aborda desde o feminismo cuestións problemáticas como a idade de María Mariño, a súa imaxe física, o seu estatus de escritora, o seu afastamento da cultura oficial e o suposto achegamento á cultura popular, así como as influencias de Rosalía e Novoneyra. Ademáis o libro realiza un percorrido polas distintas visións e escasas relacións que a escritora noiesa mantivo en vida. Finalmente, unha rigorosa análise da obra poética de María Mariño ponlle o ramo a esta esixente e completa monografía elaborada pola profesora e investigadora Carmen Blanco.
EAN
9788497825375
Publisher
Edition year
2007
Pages
160
Language
Galician
Collection
LETRAS GALEGAS
Height
300
Width
200
Reviews from other readers
Write your review
0 Reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters