Mr.Gwyn
Baricco, Alessandro
Galician

Synopsis Mr.Gwyn

Detrás de Baricco están os personaxes que crea, agora o nada convencional Mr Gwyn. Ademais deste personaxe, na novela hai un mangado de historias inesquecibles e unha reflexión fonda sobre a vida e sobre como vivila. Jasper Gwyn é escritor, reside en Londres e non hai dúbida ningunha de que se trata dun home que ama a vida. Así e todo, está a piques de deixar de escribir; mais a súa non é a crise que afecta os escritores sen inspiración. Quere cambiar de perspectiva, chegar á cerna das cousas. A súa cómplice é unha rapaza que, con devoción apaixonada, rexistra o que pouco a pouco se acaba por converter no misterio de Mr Gwyn. Alessandro Baricco penetra con paso seguro na simetría secreta desta historia, unha fábula contemporánea sobre a ineludible necesidade de vivir sen prescindir do asombro. Unha novela que, coma un haiku, nos sitúa perante o inenarrable.Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro traducido no ano 2012. Despois de publicar Emaús na súa tradución para o galego, Editorial Galaxia continúa a tirar do prelo as obras do escritor italiano con Mr Gwyn.
EAN
9788498654684
Publisher
Edition year
2012
Pages
188
Binding
Soft cover or pocket
Language
Galician
Collection
BIBLIOTECA COMPOSTELA
Height
210
Width
135
20,00 €
-5%
19,00 €
Reviews from other readers
Write your review
0 Reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters