https://www.imosver.com/en/libros/niklas-luhmann-00103938110010393811Niklas Luhmann2.99Niklas Luhmann foi, ante todo, sociólogo. As súas obras son unha socioloxía da sociedade complexa actual. Pero para Luhmann esta sociedade non está formada por seres humanos, senón por sistemas. Os hohttps://static.imosver.com/imagenes_small/9788496/978849689372.jpgLibrosLibros/FILOSOFIASin stock temporalmenteBAIA000https://static.imosver.com/imagenes_small/9788496/978849689372.jpg3.1550.162008/01/019788496893726Torres Cubeiro, ManuelLibrosaño_2008idioma_GalicianGformato_No definidoautor_Torres Cubeiro, Manuelsaga_Baía Pensamento
Artículo
Niklas Luhmann
Torres Cubeiro Manuel
BAIA
FILOSOFIA
Cookie Notice
We use cookies to ensure you get the best experience on our website.
Read cookie policy.
Manage cookie preferences
This type of cookie allows the user to browse a website, platform, or application and to use the different options or services that exist on it.
imosverlaravel_session
Description
This cookie is necessary for the website to function and cannot be disabled in our systems.
Duration
Session
Dependencies
Domain
imosver.com
OCT8NE
Description
This cookie is used for the proper functioning of the Oct8ne Chat to provide customer support service to the user.
These are those that enable the tracking and analysis of user behavior on our website. The information collected is used to measure user activity on the website and to create user browsing profiles.
_clsk
Description
It records statistical data about the visitor's behavior on the website. This is used for internal analysis by the website operator.
Duration
1 year
Dependencies
_clsk,MUID,_clck
Domain
logglytrackingsession
Description
Identifies and records the user session for analytical purposes.
Duration
Session
Dependencies
Domain
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Description
Records a unique identifier that is used to generate statistical data about how the visitor uses the website.
Duration
1 year
Dependencies
Domain
.imosver.com
These are the ones that allow us to adapt the navigation on our website to your preferences (e.g., language, browser used, etc.).
_fbp
Description
Used by Facebook to offer a series of advertising products, such as real-time bids from third-party advertisers.
Niklas Luhmann foi, ante todo, sociólogo. As súas obras son unha socioloxía da sociedade complexa actual. Pero para Luhmann esta sociedade non está formada por seres humanos, senón por sistemas. Os homes, non somos a sociedade. Esta idea choca coa intuición que temos da sociedade fóra da socioloxía, pois: non vivimos, nos repetimos até a saciedade, en tempos de homes civilizados e con dereitos Non vivimos acaso nunha sociedade democrática de homes civilizados, iguais en dereitos Luhmann non foi un tolo da ciencia ficción para o que viviriamos nun mundo de ciborgs. Luhmann foi un sociólogo alemán obsesionado en describir a complexidade social na que vivimos. Para el, as explicacións tradicionais (veteroeuropeas) ancoraban nunha filosofía obsoleta, con visións da realidade (ontoloxías) non suficientemente complexas. Luhmann constrúe a súa teoría porque a tradición, dinos, non describe a sociedade. A formulación tradicional é errónea: é necesario abandonar a ontoloxía da tradición e a súa metafísica. Non hai homes, hai sistemas. A complexidade social contemporánea non se analiza con descricións herdadas das sociedades anteriores. Só desde unha teoría de sistemas complexos é posible facer ciencia da sociedade. Nesta introdución á socioloxía de Luhmann imos explicar o sentido destas afirmacións e a súa coherencia para describir a sociedade na que vivimos. Como a sociedade actual, a teoría de Luhmann é dunha exterma complexidade; a obra de Luhmann é complexa en si mesma. Pero complexidade significa que non existe, nin pode existir unha perspectiva privilexiada para describir a sociedade actual, e isto ten que asumirse na súa radicalidade. Este é un libro de introdución á socioloxía de Luhmann, un autor que mira á sociedade moderna de fronte, ofrecendo unha visión complexa do mundo social contemporáneo. Con esta introdución queremos achegar a súa teoría á sociedade galega, pois Galicia é, sen dúbida, unha sociedade complexa. Se o lector está atento verá que a socioloxía que Luhmann constrúe non só describe a complexidade da sociedade na que actualmente vivimos en Galicia, senón deixar de lado descricións herdadas de sistemas sociais anteriores que coexisten no presente. Esta introdución a Luhmann en galego ten esta intención clara: axudar a comprender a complexidade da Galicia actual á luz da teoría do sistema sociedade de Niklas Luhmann. Ofrece unha plataforma inmellorábel para observar Galicia. Internándonos no pensamento complexo de Luhmann permitiranos mirar a nosa vida moderna cuns novos ollos. Facelo é extremadamente difícil e require un esforzo teórico comparable ao de entender a filosofía dialéctica de Hegel ou ao de comprender a física relativista de Einstein. Este esforzo será compensado con creces pola riqueza da posición teórica adoptada e coa fina ironía que se esconde en cada unha das frases da obra deste pensador.