O gran reino
Santiago Soto, Eduardo
Galician
Galician

Synopsis O gran reino

O narcisismo e a marcada competitividade de Gala, unha rapaza de catorce anos brillante nos estudos e cunha imaxinación portentosa, acaban por condenala ao abandono por parte das súas amigas. Ante esta situación, mergúllase na lectura de forma compulsiva e vai diminuíndo a súa necesidade de inxerir alimentos; dous factores que, unidos, provocan en Gala un afastamento da razón e a convicción de que o reino de Margonia está agardando por ela. Despois de sufrir un episodio grave de saúde, os pais ingrésana nunha unidade somática onde establecerá unha relación moi especial coa psiquiatra Lourdes Regueiro, quen se converterá na súa confidente, na única persoa que terá acceso ao Caderno Vermello de Gala. A doutora deberá descifrar, entón, o enigma da pedra fractal, descrito neste caderno onde aparecen as características dos catro reinos que conforman Margonia.
Unha novela de engaiolante lectura dende a primeira páxina até o seu sorprendente desenlace. Unha intensa narración dunha vida adolescente marcada pola anorexia, a loucura e a falta de cariño dos pais.
EAN
9788499147383
Editorial
Year of edition
2014
pages
416
Binding
Tapa blanda o Bolsillo
Idiom
Galician
Collection
FóRA DE XOGO
High
210
Width
135
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres