O LAPIS DO MONO
Seoane, Xavier
Galician

Synopsis O LAPIS DO MONO

O lapis do mono é o terceiro libro de aforismos do autor, logo de Arca cotidiana / Irispaxaros (1984) e Da rocha imantada (Laiovento, 2010). Xavier Seoane leva toda a vida escribindo aforismos e no presente volu-me recolle a súa produción entre os anos 2010 e 2020. A súa dedicación ao xénero inclúe tamén un libro de artista, Irispaxaros, que o gravador Manuel Facal realizou sobre unha antoloxía das súas creacións. Da súa autoría é tamén a edición, en colaboración con Francisco Pillado, dunha ampla antoloxía de aforismos de 48 autores galegos, titulada Os aforismos do riso futurista (Ed. Xerais, 2016). O aforismo, coa súa concentración e brevidade, é un xénero moi do noso tempo. Que, por fragmentario ou parco que aparente, constitúe un ente autónomo, completo, que absorbe moita enerxía nun molde reducido. O aforismo integra elementos que van da filosofía á poesía, da ética á estética, do humor ao ludismo, da creatividade filolóxica e lingüística ás inmersións no psiquismo, da subversión á retranca, do enxeño á sabedoría, do paradoxo ao siloxismo, do xogo verbal á sentenza, da imaxinación á ironía... Pois nada cae fóra das virtualidades incisivas do aforismo. No noso momento histórico e cultural, o aforismo literario está a alcanzar valores relevantes no campo da literatura. È un xénero atractivo e en ascenso. Que está a vivir un momento de ampliación da súa esen-cia, recursos e proxección. Porque se trata dun instrumento aberto, en constante metamorfose, con tantas poéticas como autores o practican. Se aínda non existe consenso sobre o que é un poema, ou unha novela, como o ía haber sobre un xénero de tanta virtualidade estética e de configuración formal tan diversa. O ensaísta e pensador Antón Baamonde, no prólogo, sinala o humor, a diatriba, a chispa, a retranca e a lírica como claves deste libro. Para concluír: "Verdades amenas, que máis se pode pedir?".
EAN
9788410324770
Publisher
Year of edition
2025
pages
142
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection no.
142
Collection
Poesía
High
210
Width
140
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ caracteres