O monstro das palabras
Reimóndez, María
Galician
Galician
Galician

Synopsis O monstro das palabras

Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio das nenas, a mestra descóbrelles que, en realidade, ela non é unha persoa "normal", que ten centos de anos, é que unha gardadora de palabras. O monstro das palabras, novela de María Reimóndez, ilustrada por Iván Sende, propón aos lectores e lectoras de once anos en diante baixo a forma dun relato de intriga e aventura unha reflexión sobre o valor do patrimonio da lingua propia (o maior tesouro dos pobos) e a necesidade de defendela dos que a atacan. "A lingua é un ser vivo e está vivo nas bocas cando falamos e nos nosos cerebros cando pensamos" escribe unha das protagonistas desta novela de gran actualidade.
EAN
9788499140513
Publisher
Year of edition
2009
pages
128
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
MERLIN 11 ANOS
High
190
Width
135
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters