https://www.imosver.com/en/libros/o-portugues-esquecido-00103714740010371474O portugués esquecido37.95Durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais de Portugal conservou trazos fonéticos, gramaticais e lexicais que corresponden, na actualidade, a características diferenciadoras do galhttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788484/978848487561.jpgLibrosLibros/METODO IDIOMAS, FILOLOGIA Y LINGÜÍSTICASin stock temporalmenteLAIOVENTO, S.L.000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788484/978848487561.jpg0010558123NOB0137319001032425439.95522022/02/019788484875611Sánchez Rei, Xosé ManuelLibrosaño_2022idioma_GalicianGformato_Tapa blanda o Bolsilloautor_Sánchez Rei, Xosé Manuelsaga_Ensaio - Pesquisa
Artículo
O portugués esquecido
Sánchez Rei Xosé Manuel
LAIOVENTO, S.L.
METODO IDIOMAS, FILOLOGIA
Cookie Notice
We use cookies to ensure you get the best experience on our website.
Read cookie policy.
Gestionar preferencias de cookies
This type of cookie allows the user to browse a website, platform, or application and to use the different options or services that exist on it.
imosverlaravel_session
Description
This cookie is necessary for the website to function and cannot be disabled in our systems.
Duration
Sesión
Dependencies
Domain
imosver.com
OCT8NE
Description
This cookie is used for the proper functioning of the Oct8ne Chat to provide customer support service to the user.
These are those that enable the tracking and analysis of user behavior on our website. The information collected is used to measure user activity on the website and to create user browsing profiles.
_clsk
Description
It records statistical data about the visitor's behavior on the website. This is used for internal analysis by the website operator.
Duration
1 year
Dependencies
_clsk,MUID,_clck
Domain
logglytrackingsession
Description
Identifies and records the user session for analytical purposes.
Duration
Sesión
Dependencies
Domain
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Description
Records a unique identifier that is used to generate statistical data about how the visitor uses the website.
Duration
1 year
Dependencies
Domain
.imosver.com
These are the ones that allow us to adapt the navigation on our website to your preferences (e.g., language, browser used, etc.).
_fbp
Description
Used by Facebook to offer a series of advertising products, such as real-time bids from third-party advertisers.
Durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais de Portugal conservou trazos fonéticos, gramaticais e lexicais que corresponden, na actualidade, a características diferenciadoras do galego a respecto do padrón lusitano. Os gramáticos, lexicógrafos e tratadistas da metrópole lisboeta combatéronas enerxicamente xa desde os inicios da tradición gramatical portuguesa no século XVI. Mais a maioría delas, por motivos culturais, históricos, sociolóxicos etc. conseguiu sobrevivir até aos anos finais do século XIX ou primordios da seguinte centuria e, nalgúns casos, inclusive se mantiveron na nosa época. Laiovento congratúlase en dar a lume este estudo que aprofunda neses elementos lingüísticos considerados hoxe marcadamente galegos, e, até non hai moito tempo, tamén idiosincráticos da lingua oral dialectal do Minho e de Trás-os-Montes. NOTA Á SEGUNDA EDICIÓN Transcorridos apenas algúns meses desde que este traballo foi dado a lume pola primeira vez, a boa acollida que tivo evidenciou a necesidade dunha nova saída do prelo. Vaia a nosa gratitude, antes de máis, para todas as persoas que mostraron interese por el, as cales, parafraseando a citación de Estevan da Guarda que abre as portas da obra, enveredaron os camiños d'antre Doiro e Minho d'O portugués esquecido. Precisamente, varias desas lecturas que fixeron amizades e colegas serviron para repararmos nalgunha gralla, ao paso que tamén se tornaron úteis para reflectirmos á volta de determinadas cuestións ou sobre a focaxe aplicada a diversas temáticas. A actual segunda edición, grazas á xentileza de quen leu o texto ao pouco de ser publicado, emenda eses pequenos erros de que puidemos ter noticia, en canto mantén os mesmos capítulos e contidos que a primeira; caso haxa oportunidade no futuro, aqueles e estes poderán ser debidamente actualizados. Finalmente, non quereriamos deixar de aproveitar a oportunidade para agradecermos a Laiovento o facto de apoiar con entusiasmo a publicación deste estudo, xa agora no seu segundo lanzamento ao público. Sen dúbida, a Galiza que soñamos ficaría máis lonxe sen proxectos como o que representa aquela feliz aventura nada en 1990 e que fai da lingua e da cultura galega e en galego a razón da existencia da editora. Agra do Orzán, A Coruña, Febreiro de 2022