O segredo de Marco Polo
Castro Veloso, Francisco
Galician

Synopsis O segredo de Marco Polo

Nesta nova novela, publicada na colección Costa Oeste de Galaxia, o autor viaxa á Venecia do século XIII para construír unha historia de amor entre un xove soldado, fillo do militar máis importante da cidade (un home dominante que ten anulada a capacidade de decisión do seu fillo), e unha principessa, Naia, fermosa e adorada por toda a cidade, sobriña do Dogo e obrigada por este a un matrimonio de estado cun home que non quere e nin sequera coñece. A historia de amor entre o soldado e a princesa, xa que logo é un amor imposible. Ata que entra en xogo un Marco Polo que, xa contra o final da súa vida, vai vivir, axudando aos dous amantes, a súa derradeira aventura. Polo medio, un enigma, un segredo como suxire o título, que non se desvelará ata o final desta novela na que o autor recrea xa non só a Venecia do seu esplendor, senón que nos fai viaxar, da man do Marco Polo, ás terras da China e Mongolia que o xenial viaxeiro visitou por vez primeira na súa xuventude. Amor, intriga e aventuras na Venecia do século XIII
EAN
9788498652970
Publisher
pages
212
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
COSTA OESTE
High
210
Width
135
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters