Os calaicos. Mágoas. Follas ao vento
Vaamonde Lores, Florencio
Galician
Galician

Synopsis Os calaicos. Mágoas. Follas ao vento

Florencio Vaamonde Lores (Bergondo, 1860-A Coruña, 1925) foi un dos máis relevantes escritores de fins do século XIX e quixo construír un sistema literario normalizado que abranguese campos aínda non tratados pola literatura galega, introducindo novas liñas poéticas. A súa poesía segue as grandes correntes que se producen na literatura europea postromántica, a filosófica, social, épica e intimista, e introduce o clasicismo. O seu obxectivo foi crear unha lingua culta a través dunha literatura de calidade que, ademais, fixase unha norma. Na súa obra poética conxugou o mundo clásico co celta, rexeitando o enxebrismo ruralista e idealizando o campo. Na presente edición, precedida dun amplo estudio bibobliográfico sobre a figura de Florencio Vaamonde, preparada pola profesora Isabel Seoane Sánchez, actualmente profesora da Universidade de Deusto, reúnense tres dos poemarios de Florencio Vaamonde: "Os calaicos. Poema en cuatro cantos" (1894), primeiro poema épico nacional da literatura galega, no que se narra un importante capítulo da historia de galicia: a defensa da cidade da Coruña ante o ataque inglés en 1589. "Mágoas" (1901) e "Follas ao vento" (1919), os outros dous poemarios do volume, son as obras onde se comproba o coñecemento que Vaamonde tiña dos clásicos gregos e latinos e onde se observa o influxo que recibiu de Horacio, Anacreonte, Virxilio, Camoes, Carducci e sobre todo Leopardi, á parte da forte pegada do petrarquismo que se rastrexa nos seus sonetos. Unha obra a de Vaamonde que, en suma, reflicte o intento de estilizar, normalizar a actualizar a literatura galega, e poñela ao día dun xeito definitivo.
EAN
9788497820110
Publisher
Year of edition
2003
pages
344
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
High
190
Width
130
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters