Periferia
Zúñiga, Iolanda
Galician
Galician

Synopsis Periferia

Luciana e Brown unen os seus destinos, marcados polo amor, o narcotráfico e a violencia, nos límites dunha das favelas de Sao Paulo. Alí na periferia desordenada da megalópole transcorre esta historia, escrita ao ritmo do rap, na que se esculcan os ingredientes da vida urbana no século XXI. O xurado do Premio Xerais 2010 no ditame que elaborou sobre Periferia, a novela de Iolanda Zúñiga que resultou gañadora, sinalou que «partir dun argumento moi sinxelo e botando man dun sutil fío narrativo, a autoría deste texto creou un universo narrativo contundente, denso, moderno e actualísimo co que se atreveu a construír unha novela do século XXI, ano 2010, poñendo cargas de dinamita nos piares da nosa propia concepción do que debe ser unha novela.» Novela polifónica, con constantes referencias á cultura popular, á cultura de masas, á música, aos medios, á publicidade, ao cine, ao fútbol, está tecida cunha mestura de textos tipicamente postmoderna. A xuízo do xurado, «Periferia constitúe unha achega necesaria á renovación da narrativa galega a través dunha concepción potente e nítida de cal debe ser unha forma de narrar para o tempo actual. Un relato compacto, tamén mesto, extenso e verdadeiramente fascinante, cun enorme poder de seducción.»
EAN
9788499141701
Editorial
Year of edition
2010
pages
504
Binding
Tapa dura
Idiom
Galician
Collection
NARRATIVA
High
230
Width
155
25,95 €
-5%
24,65 €
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres