Poemas bestas e outros bechos
Bilbao, Leire
Galician

Synopsis Poemas bestas e outros bechos

«Poemas bestas e outros bechos» é o poemario irmán maior
de «Bechopoemas e outras bestas» (KALANDRAKA), galardoado
co Premio Euskadi de Literatura 2017, o Premio Kirico 2019
ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil, e o 3o Premio Nacional
aos Libros Mellor Editados 2019 na mesma. Xuntos forman
unha proposta poética global na que esta segunda parte
dá un paso máis elevando o nivel de lectura.
Os protagonistas volven a ser criaturas que habitan na terra,
na auga e no aire. A rima lúdica e o ritmo pegadizo
destas composicións invitan a ser recitadas e cantadas
colectivamente, en familia ou nas aulas. Estes versos adaptados
polo tradutor Isaac Xubín destacan pola súa musicalidade,
as onomatopeas e os xogos de palabras a base de diálogos
poéticos, concatenacións, acrósticos, repeticións e outros recursos
literarios. A diversión e o sentido festivo da poesía están servidos
nestas páxinas, que tamén presentan aspectos da vida cotiá
con imaxinación, enxeño e sentido do humor.
EAN
9788413431048
Publisher
Edition year
2021
Pages
72
Binding
Hard cover
Language
Galician
Collection
Poesía ilustrada
Height
235
Width
150
Reviews from other readers
Write your review
0 Reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters