Poesía Marcial Valladares
Valladares, Marcial
Galician
Galician

Synopsis Poesía Marcial Valladares

A faceta de poeta de Marcial Valladares (Vilancosta, A Estrada 1821-1903) aparece na historia da literatura galega frecuentemente escurecida pola súa outra actividade literaria como narrador. Non obstante, debemos ter presente que o autor de "Maxina ou a filla espúrea" (escrita en 1870 e publicada en 1880) compuxo arredor de medio cento de composicións poéticas que, aínda que de desigual calidade, presentan como mérito o feito de seren precursoras no uso do galego nos primeiros tempos do rexurdimento literario. Sen dúbida, as súas primeiras composicións poéticas, de 1844, 1845 e 1846, a súa primeira manifestación literaria reflectida en poemas como "A un paxariño",xunto ás pezas de Alberto Camino, sitúan ao escritor da Estrada como un dos fundadores da nosa Renacencia literaria. A presente edición da obra poética en galego de Marcial Valladares, preparada por Xosé A. Fernández Salgado, profesor da Universidade de Vigo e especialista na obra de Marcial Valladares, sobre quen preparou a súa tese de doutoramento, recolle medio cento de composicións escritas por Valladares ao longo de case medio século, dende 1844 a 1891. Ofrécese, pois, por vez primeira, un volume que compila as súas poesías dispersas por xornais e publicacións da época, e algunha outra inédita. Precursor, como Francisco Añón ou Alberto Camino, os primeiros poemas de Valladares traslocen os sentimentos e sensibilidades das vivencias persoais, e son debedoras das formas e temáticas románticas propias da altura do século. Non obstante estes versos comparten presencia cos de asuntos costumistas, que se tinguen ás veces de leves críticas sociais, e con outros tipicamente populares en formas e motivos.
EAN
9788497820103
Publisher
Year of edition
2003
pages
280
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
High
190
Width
130
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters