Presente continuo
Reimóndez, María
Galician
Galician
Galician

Synopsis Presente continuo

O presente continuo é o tempo verbal do permanente correr, aparentemente inapreixable porque en canto se toca, convértese automaticamente en pasado. E o tempo do constante movemento, da vida que non cesa, do latexar das relacións que perduran fronte a ventos e mareas, fronte a maremotos, mesmo. Mais se cadra hai xeitos de apreixalo, de abrazalo, de entendelo nun contexto. A través dos ecos de gravacións, que foron nun momento o inmediato e que de socate volven e forman ondas novas de presente. Presente continuo é esa gravación atopada no camiño por quen viviu e se detén a esculcar. Unha gravación que marca os dez anos daquela primeira viaxe á India en 1994, da relación cambiante e fluída con lugares que xa non definen ben os nomes coñecidos, con culturas, con persoas, con formas de vida que son xa parte do cotián, do ser afortunadamente descentrado. Novamente, o tempo xoga con nós e escoitamos esa gravación no presente que marca os case vinte anos de enguedellarse coa outra, porque o tempo nunca se detén. Presente continuo é a voz que tenta lembrar que o pasado só ten relevancia cando permite construír un presente diferente.
EAN
9788499145389
Publisher
Year of edition
2013
pages
48
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection no.
31
Collection
VENTOBRANCO-ABLATIVO ABSOLUTO
High
220
Width
145
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters