Quen son? Crías de animais - Europa
Pelayo, Isabel
Galician

Synopsis Quen son? Crías de animais - Europa

A serie «Quen son? Crías de animais» presenta varias especies
de mamíferos e de aves agrupadas por continentes para inspirar
a curiosidade pola fauna e polo coidado da natureza dende
as primeiras idades. Cada título inclúe sete crías: con textos sinxelos
e descritivos, acompañados dunha suxestiva ilustración, cada unha
preséntase cunha adiviña e establece un diálogo directo e activo
coas lectoras e cos lectores; o enigma resólvese ao pasar a páxina,
onde aparece coa súa familia no seu hábitat natural, ampliando
a información sobre a contorna, os costumes e as características
físicas dos adultos. Son textos cientificamente rigorosos
que plasman a realidade da natureza de forma doada
e comprensible, ademais de amosar a biodiversidade
e as distintas formas de crianza.
Realizadas con grafito e suavemente coloreadas, as imaxes son
realistas e de gran detallismo, fieis aos canons da ilustración
científica, e destacan pola expresividade e pola tenrura
dos protagonistas.
EAN
9788416721849
Year of edition
2021
pages
40
Binding
Tapa dura
Idiom
Galician
Collection
Ciencias
High
220
Width
220
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres