Rebelión no inverno
Regueira, Mario
Galician

Synopsis Rebelión no inverno

A partir do concepto de "Rebelión", Mario Regueira preséntanos un libro de alento, ben pautado e reflexivo, que se vai construíndo a través destes relatos de aire enigmático, misterioso e, por veces, onírico. Os personaxes de Rebelión no inverno están en estado de rebelión, é dicir, na situación de dicir non a algo, e en ocasións ante a dúbida de dicir que non e seguir subsistindo. Eses personaxes, os subversivos, son portadores de historias de rebeldía que merecen ser contadas, historias que sempre nos provocan a fascinación dun acto transcendente, que sucede neste inverno, inhóspito e frío, metáfora do mundo actual e do seu sistema socioeconómico. As rebelións deste libro son múltiples: políticas, filiais, sociaisà pero a máis destacable é, sen dúbida, a revolta contra a linguaxe como forma de comunicación. Os problemas da comunicación son tema recorrente en Rebelión no inverno, enfocado desde diferentes perspectivas. O noso tempo, deixounos pendurando sobre un mar de incertezas e dalgún xeito, estamos sós coa palabra. O feito de comunicarnos ten unha compoñente importante de ficción e falsidade. Rebelión en inverno presenta aqueles personaxes que, en actitude manifestamente subversiva, tratan de modificar a realidade para adaptala aos seus soños.
EAN
9788497820912
Editorial
Year of edition
2004
pages
152
Idiom
Galician
Collection
ABISMOS
High
300
Width
200
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres