Rosendo Salvado e o mundo aborixe de Australia
VV.AA
Galician

Synopsis Rosendo Salvado e o mundo aborixe de Australia

A conmemoración do douscentos aniversario do nacemento de Rosendo Salvado (Tui, 1 de marzo de 1814) constitúe unha inmellorable ocasión para profundar nun aspecto clave da súa vida e obra; de feito, a cerna de toda a súa extraordinaria andaina: o seu pensamento e práctica indixenistas. Foi o seu un compromiso co mundo aborixe que desbotaba radicalmente a brutal perspectiva etnocéntrica e racista habitual na época do Imperio británico; a saber: aquela que consideraba os indíxenas miserentos corpos «sen alma», refugallos dunha «raza destinada a extinguirse» e, mesmo, seres da caste «dos orangutáns». O fincapé feito na súa extraordinaria dimensión misioneira ou a desnortada atención á súa lendaria importación do eucalipto a Galicia agacharon a cerna mesma do seu proxecto vital, os seus ímprobos esforzos a prol da autonomía persoal e política dos aborixes australianos como seres humanos dotados de dereitos individuais e colectivos e, xa que logo, de futuro cívico. Labor que desenvolveu en todo momento en aberta belixerancia contra discursos e prácticas establecidos tanto da man do protestantismo como do catolicismo da época, discorrendo ben lonxe dos modos dos evanxelistas do Imperio.
EAN
9788492923649
Year of edition
2016
pages
284
Binding
Libro
Idiom
Galician
Collection
VARIOS (CONSELLO DA CULTURA)
High
240
Width
170
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres