Teño medo
de la Iglesias, David

Synopsis Teño medo

É domingo pola mañá, Lucas vai ao parque, pero alí non ten amigos cos que xogar.
Quizais todos estean aínda a durmir! Só está Mr. Robot, quen se ocupa da vixilancia e mantemento do parque e que pode axudar a calquera neno que o precise.
Desde cativo é frecuente que Lucas teña pesadelos, case sempre relacionadas cos seus medos máis comúns: a escuridade, o sentimento de indefensión ante a soidade, os seres fantásticos de tradición popular?O pequeno cóntalle ao Robot o pesadelo daquela noite, e Mr. Robot, consciente do seu desasosego, comeza a facerlle preguntas e a pescudar cales son as súa inquedanzas e, despois, animalo para enfrontarse aos seus medos que o axuden a superalos.
Esta historia está baseada nas experiencias e conversacións reais que Lucas e o seu pai manteñen habitualmente. O seu pai decidiu escribir e ilustrar este libro para regalarllo ao seu fillo. É un exercicio para tentar axudar ao neno para verse desde fóra plasmado nunha historia e que isto poida servirlle de estímulo para superar os seus temores mais frecuentes.
O medo a escuridade e un medo ancestral, e como emoción universal se experimenta xeración tras xeración. Quen sabe, quizais outros nenos poidan sentirse identificados con esta pequena e sinxela historia e tamén a eles lles sirva de axuda. A Lucas e á o seu pai faríalles moi feliz que así fose.
EAN
9788491514497
Editorial
Year of edition
2020
pages
20
Binding
Tapa dura
Idiom
Spanish
nº colección
12
Collection
Álbumes
High
210
Width
240
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres