Test de galego para oposicions

Test de galego para oposicions

Fraga Celeiro, Xoán Carlos
Galician

Synopsis Test de galego para oposicions

O presente volume pretende ofrecer un método práctico orientado á preparación da proba de lingua galega no proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Na súa redacción pódense observar catro partes principais:



* Propostas con cuestións referentes ao coñecemento da lingua galega. Son un total de 1000 preguntas, repartidas en 50 cuestionarios formados por 20 exercicios. A súa estrutura é a que segue:



a) Vocabulario de Medicina (da 1ª á 5ª pregunta).



b) Corpo humano (da 6ª á 8ª).



c) Léxico Administrativo (da 9ª á 11ª).



d) Léxico común (da 12ª á 15ª).



e) Morfoloxía, Sintaxe e Ortografía (da 16ª á 20ª).



* Cuestionarios das máis recentes convocatorias do SERGAS. Recollemos un total de 14 propostas, coas que se pretende ofrecer unha panorámica dos exercicios presentados nos últimos anos (de 2002 a 2005) para as diferentes categorías laborais (auxiliar de enfermería, celador/a, servizo de cociña, etc.)



* Vocabulario específico. A modo de complemento, incluímos un vocabulario específico da saúde e da administración sanitaria. Trátase dos principais termos do léxico específico deste ámbito, agrupados nun glosario final coa finalidade de facilitar a consulta, cando esta fora necesaria.



* Solucionarios. Recollen as respostas correctas tanto aos 50 cuestionarios propostos como aos 14 correspondentes a convocatorias anteriores.



Como estratexia de aprendizaxe autodidacta, recomendamos o seguinte procedemento: 1º) realización dun único cuestionario, 2º) comprobación dos resultados; e 3º) identificación da causa dos posíbeis erros.



Agardamos que lectoras e lectores consigan perfeccionar o seu nivel de lingua galega e que tiren o maior proveito posíblel a esta obra.
EAN
9788496526464
Editorial
Year of edition
2006
pages
152
Binding
No definido
Idiom
Galician
Collection
SERGAS
High
220
Width
140
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres