TRES MULLERES GALEGS DE ARMAS TOMAR
Domínguez Touriño, Guillermina Estévez Salazar, Felicia
Galician

Synopsis TRES MULLERES GALEGS DE ARMAS TOMAR

Guillermina Domínguez, historiadora, e Felicia Estévez, filóloga, actualizan un traballo que tivo xa un gran percorrido e que obedece a unha demanda tanto nos centros de ensino como nos focos de investigación do papel das mulleres na historia e da súa visualización na sociedade actual.

O seu obxectivo non é facer unha profunda investigación, senón só ?que non é pouco? transmitir o pulo que mulleres como as que son o eixo da publicación lle deron á mesma historia, o que loitaron, o que sufriron por seren mulleres.

A obra, estruturada en tres partes, comeza cada unha delas cunha reflexión sobre a vida das mulleres no tempo que a cada unha das protagonistas lles tocou vivir: o século XIII para María Balteira, o XIV para María Castaña e o paso do XVI ao XVII para María Soliña.

As autoras empregan como fontes, ademais de bibliografía, documentos históricos que consultan en arquivos ou cantigas medievais, contrastando a interpretación que estas fontes ofrecen sobre as tres Marías coa súa propia, tendente a desbotar os mitos que a ideoloxía patriarcal creou sobre as tres protagonistas... como sobre outras tantas mulleres.
EAN
9788499952864
Publisher
Edition year
2018
Pages
92
Binding
Soft cover or pocket
Language
Galician
Collection
RETALLOS NOSA HISTORIA
Height
220
Width
150
Reviews from other readers
Write your review
0 Reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters