Un peixe é un peixe
Lionni, Leo
Galician

Synopsis Un peixe é un peixe

Unha fábula sobre a amizade que anima á reflexión sobre a identidade e sobre a forma en que accedemos ao coñecemento. Nun estanque, preto do bosque, vivían dous amigos inseparables: un peixiño e un cágado. O peixiño non cría que o cágado se convertese en ra, así que discutiron e discutiron ata que o cágado decidiu marchar a explorar o mundo. Ao seu regreso, tras contarlle ao seu amigo as cousas tan extraordinarias que vira máis alá do estanque, o peixiño tamén decidiu seguir os seus pasos. Pero pronto descobre que vivir na terra non é como imaxinaba En Un peixe é un peixe aparecen temas presentes noutros álbums de Lionni como a importancia da amizade ou a aceptación da diferenza. Trátanse, con todo, de maneira orixinal, outros aspectos de gran profundidade: como coñecemos as cousas, como sabemos o que sabemos, como vemos os demais ou como somos vistos por eles. Un interesante punto de partida para unha conversa sobre as nosas capacidades e o que significa non poder facer algo que outros si poden.
EAN
9788413432830
Publisher
Year of edition
2024
pages
40
Binding
Hard cover
Idiom
Galician
Collection
Tras os Montes
High
275
Width
220
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters