VERMELLOS E LAICOS. A REPRESION GASCISTA DO MAXISTERIO COR
NARCISO DE GABRIEL
Galician

Synopsis VERMELLOS E LAICOS. A REPRESION GASCISTA DO MAXISTERIO COR

Este libro que tes nas mans inaugura a colección Memoria Histórica de Editorial Galaxia. Unha colección que quere botar luz onde moitos só queren escuridade. A defensa do laicismo foi unha das apostas máis rupturistas e arriscadas dos republicanos. A Constitución de 1931 estableceu que o Estado carecía de relixión oficial, polo que os dogmas do catolicismo deixaron de se ensinar nas escolas, das que tamén desapareceu a simboloxía relixiosa. A partir de entón, no sistema educativo só habería espazo para a educación moral, que debía inspirarse no cultivo da tolerancia. O enfrontamento coa Igrexa, afeita a gozar de monopolios e prebendas sen taxa, resultaba ineludible, e, por "vermellos e laicos", foron castigados unha boa parte dos mestres e mestras, como demostra este libro, onde se analizan os cargos que se lles apuxeron. Unha represión que ía desde o asasinato á sanción administrativa máis ou menos contundente, e que tamén afectou a moitos outros grupos sociais e profesionais, dado que tivo un carácter masivo. Un estudo rigoroso que fai, tamén, dalgunha maneira, revisión dunha tremenda inxustiza.
EAN
9788491516149
Publisher
Year of edition
2021
pages
388
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection no.
1
Collection
PRIMERA PAGINA
High
210
Width
130
28,30 €
-5%
26,89 €
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters