VIDA E OBRA DE FRANCISCO AÑON. ANTOLOXIA POETICA
BLANCO, RAMON
Galician

Synopsis VIDA E OBRA DE FRANCISCO AÑON. ANTOLOXIA POETICA

Para conmemorar o segundo centenario do nacemento do poeta Francisco Añón, Editorial Galaxia publica, en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación, unha antoloxía da súa obra poética acompañada por unha introdución biográfica. Ramón Blanco é o autor do relato biográfico e tamén se encargou de seleccionar e editar os textos desta nova edición da obra do poeta de Outes. Francisco Añón é un dos autores fundamentais na historia da poesía galega do século XIX. A obra seleccionada nesta antoloxía inclúe as diferentes facetas ou rexistros líricos do poeta, que non publicou libro ningún en vida, polo que agrupar a súa obra ten unha grande importancia de cara ao seu maior coñecemento e difusión. Francisco Añón (Outes, 1812 - Madrid, 1878) foi revestido dunha sona de poeta romántico, aventureiro e bohemio que contribuíu a ocultar un gran talento para a versificación, un amplo dominio lingüístico e unha fonda cultura. O paso polo seminario e pola universidade torceron o camiño de quen nacera labrego para convertelo, entre o popular e o libresco, nun dos primeiros e senlleiros escritores galegos no século XIX. Para gañar a vida foi profesor, libreiro, tradutor, arquiveiro e mesmo secretario. De ideoloxía progresista, uniuse ao movemento provincialista e chegou a militar no federalismo republicano. Cando morreu, a maior parte da súa obra estaba dispersa en xornais ou inédita; poucos intuían que o seu himno "A Galicia" fora o facho que en 1861 prendera a mecha do Rexurdimento.Antoloxía poética
EAN
9788498654554
Editorial
Year of edition
2012
pages
156
Binding
Tapa blanda o Bolsillo
Idiom
Galician
Collection
LETRAS GALEGAS CLASICOS
High
190
Width
135
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres